quinta-feira, 25 de junho de 2009

quarta-feira, 24 de junho de 2009

Concurso: ‘Mascota para Coristanco 2020’ patrocinado por Caramuxo.

Coristanco precisa da vosa axuda. Precisamos do voso talento para escoller á mellor mascota para os xogos olímpicos de Coristanco 2020. Todos podedes participar, simplemente tedes que deseñar a vosa mascota e enviala á dirección coristanco2020@gmail.com. 3 camisolas do Caramuxo están en xogo!




Bases do concurso: ‘Mascota para Coristanco 2020’ patrocinado por Caramuxo.


  1. Pódense enviar tantos deseños coma se queira.
  2. Os deseños da mascota deberán ter relación con Coristanco e cos Xogos Olímpicos.
  3. Os deseños entregados quedarán en posesión deste colectivo que poderá usalos cando e como quixer.
  4. Os deseños deben ser enviados en formato .jpg a dirección coristanco2020@gmail.com.
  5. Establécese 3 premios para os mellores deseños, consistentes nunhas camisolas deseñadas polo noso patrocinador oficial: Caramuxo.
  6. O xurado será nomeado pola plataforma, que escollerá entre os participantes os dez mellores deseños. Estes dez deseños serán publicados o día 28 de Xullo na páxina oficial da plataforma (www.coristanco2020.blogspot.com) para que unha votación popular sexa quen elixa o gañador/a.
  7. A mascota gañadora será recoñecida coma a mascota oficial de Coristanco 2020.
  8. A data límite de envío dos deseños é o 25 de Xullo.
  9. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.
  10. Xuntos cos deseños deberán ser enviados os seguintes datos: nome e apelidos, localidade e e-mail.
  11. O xurado poderá declarar os premios desertos.

sábado, 30 de maio de 2009

Estamos en Crise - Radio Galega

Hoxe, Coristanco 2020 fíxose un oco na apretada programación do programa de Estamos en Crise para publicitarse. Dende aquí, a plataforma agradece a todo o equipo do programa o seu tempo e o feito de que nos apadriñaran.

Moitas grazas.

Link ao programa de Estamos en Crise do sábado 30 de maio (Minuto 18, aproximadamente)

quarta-feira, 20 de maio de 2009

Noticia de Vieiros (clic na imaxe)

Instalacións deportivas

Coristanco, conta con ducias de metros cadrados onde se sitúan as súas instalacións deportivas. Nestes momentos o proxecto está case finalizado, faltando só por construír o último horreo.

Na actualidade Coristanco conta con:
  • Diversas hortas nas que se realizarían as probas de lanzamento de sacho e de pataca.
  • Varias pistas nas que se desenvolverían as competicións de atletismo.
  • Ademais, Coristanco, conta cun amplo complexo deportivo formado por unha pista de mini-baloncesto e fútbol e unha cancha de tenis.
  • Por último, contamos con un complexo de hórreos no que se situarán a sede do COI e a do comité de presidencia de honra da selección de Terra Chá.

Futura sede do COI

segunda-feira, 11 de maio de 2009

Presentación


Plataforma pola candidatura de CORISTANCO 2020

Esta plataforma preséntase coa única intención de conseguir que o concello de Coristanco entre na historia mundial ao ser a primeira localidade galega en albergar uns xogos olímpicos.

Por que Coristanco?

Porque é unha preciosa vila Bergantiñensa con máis de 140 kilómetros e apenas a uns kilómetros da costa. Os xogos olímpicos de Coristanco 2020 sentarán un precedente na historia olímpica: por primeira vez, dende os tempos gregos, as probas realizaríanse completamente ao aire libre, sen instalacións, recordando o duro traballo e recompensando o esforzo.

Nunha etapa de graves recensións económicas e crises ecolóxicas, Coristanco 2020 quere ser o novo referente do equilibrio entre progreso e ecoloxía. Os centos de kilometros cadrados da localidade bergantiñensa só serían acondicionados para reducir a capa de maleza e silvas que poderían incomodar aos atletas.

Coristanco 2020 é a opción de futuro, é a opción que podería rachar completamente coa tradición dos XXOO.

Porque Coristanco é unha opción viábel, porque Coristanco é un referente a nivel mundial: Apoia a Coristanco 2020
.


domingo, 10 de maio de 2009

Por uns xogos olímpicos na Galiza: Coristanco 2020!